image00

Este ano abrimos as portas da OSHWDem* aos centros educativos!

A mañá do 5 de novembro, a OSHWDEM quencerá motores cun concurso de segueliñas para equipos de estudantes de segundo ciclo de ESO e Bacharelato. Queremos promover con isto o interese polas tecnoloxías libres e a robótica entre a rapazada galega, e agardamos recibir a todos os estudantes que teñan ganas de montar o seu robot e vir pasar á Domus unha mañá de aprendizaxe e diversión.

Cada equipo deberá aportar o seu robot decidindo os elementos tecnolóxicos a incluir en cada caso. A organización non aportará nin os robots nin outros materiais necesarios  para construilos.

Nembargantes, para desenvolver o teu cacharro terás o inestimable apoio dos membros de Bricolabs, que andarán polo foro de apoio para que o proceso construcción dos robots se beneficie do potencial do coñecemento compartido.

Grazas á colaboración de APETEGA, os mellores segueliñas recibirán de premio un kit de robótica aberta, para que poidades seguir a disfrutar do mundo do DIY e irvos preparando para a próxima edición!

Podes consultar as bases detalladas aquí , o prazo de inscrición estará aberto ata o día 15 de outubro. Para inscribirte só terás que formar un equipo de traballo e cubrir este formulario.

Por motivos de aforo, non poderemos acoller a un número ilimitado de asistentes, así que apresúrate a inscribir ao teu equipo 🙂

(*) A OSHWDem e unha feria de tecnoloxia aberta organizada por Bricolabs en colaboración cos Museos Cientificos Coruñeses do Concello de A Coruña.